Identificar o acorde

Captura de pantalla do programa.

Esta é unha páxina de axuda xenérica para todos os exercicios escritos do módulo de exercicios de acorde. Estes exercicios poden preguntarlle ao usuario tres cousas: tipo de acorde, inversión e ton máis agudo. A idea é que vostede responda en tres pasos:

É importante que lle dedique o tempo que precise, que entoe o acorde e que identifique o tipo de acorde antes de tratar de atopar a inversión.

Teña en conta que é posíbel que algún exercicio lle pregunte só polo tipo de acorde e a inversión, ou só a inversión e o ton máis agudo.

Combinacións de teclas

  • Acorde novo: Alt+n

  • Repetir: Alt+r

  • Repetir arpexo: Alt+a

  • Abandonar: Alt+g